Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ADOPCIÓN da bandeira da provincia de Ourense.

A corporación provincial, na sesión do día da data, acordou a adopción da bandeira da provincia de Ourense, que responde á descrición vexilolóxica seguinte:

«Azul e ó batente once puntos brancos postos en pao (ou en vertical)».

E para aquelas circunstancias especiais, que se determinarán no Regulamento de uso da bandeira, esta axustarase ó seguinte:

«Aumentará co escudo de Ourense disposto no centro».

De conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, o mencionado expediente, no que consta o deseño da bandeira, para que se poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.

Ourense, 28 de xuño de 1996.

O presidente

5223