Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRAZO

ANUNCIO de resolución da alcaldía sobre convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo de Administración xeral.

No BOP da Coruña do día 31 de maio de 1996, publicáronse as bases das probas selectivas para prover por oposición unha praza da subescala administrativa da escala de Administración xeral.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, e deberán achegar a estas xustificantes do ingreso da cantidade de 2.000 ptas. en concepto de dereitos de examen.

Trazo, 3 de xuño de 1996.

Jesús Dubra Rama

Alcalde

5236