Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 27 de maio de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Barreiras de Arriba e Coto da Moura, do barrio de Lourido (concello de Soutomaior).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 7 de xuño de 1994, acordou inica-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Nome do monte: Barreiras de Arriba.

Cabida: 5.222 m.

Lindes

-Norte: camiño de terra e particulares.

-Leste: particulares.

-Sur: estrada de Soutomaior a Pazos de Borbén.

-Oeste: particulares.

Descrición do perímetro: comenzando no SO da parcela, partiriamos a 1 metro do marco quilométrico nº 8 da estrada de Soutomaior a Pazos, partimos en perpendicular a esta e en dirección NO ata atoparnos con camiño de terra e seguindo o lindeiro dos perdios particulares de Cándido Suspriños e dous máis. A continuación o perímetro segue o camiño de terra en dirección NE ata atoparse con predios particulares onde torce en dirección S cara á estrada de Soutomaior a Pazos de Borbén limitando con fincas particulares de Enrique Lorenzo. Unha vez chegado á estrada de Soutomaior a Pazos de Borbén segue en dirección SE pola estrada ata atopar o punto de partida.

Nome do monte: Coto da Moura.

Cabida: 24.576 m.

Lindes

-Norte: predios particulares e regato.

-Leste: Monte de Cortellas.

-Sur: estrada de Soutomaior a Pazos de Borbén.

-Oeste: particulares.

Descrición do perímetro: comezando no SE da parcela, partimos do curzamento do monte de Cortellas coa estrada de Soutomaior a Pazos de Borbén e en dirección SO dirixímonos pola dita estrada ata o límite coas propiedades. A partir dalí desprazámonos en dirección NE ata atoparnos cun arroio e seguindo o límite das propiedades particulares de Laura Lorenzo Fernández, José Lorenzo Lorenzo, María Vidal Criado, Manuel Troitero Grande, Herdeiros de Enrique Lorenzo Vidal, Juan Sobral Lourido, Fernando Criado Portela, Juan Alsan Blanco, Susana San Martín Prieto e dous máis. Continuamos polo regato en dirección E ata atoparnos co monte de Cortellas e lindando con este en dirección S cerrámo-lo perímetro no punto de partida.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración para que poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 26O/1992 polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 27 de maio de 1996.

Jose Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

4950