Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 27 de maio de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte das Casiñas, pertencente á parroquia de Salcedo (concello de Pontevedra).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 20 de xuño de 1995, acordou inica-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Salcedo.

Nome do monte: Monte das Casiñas.

Cabida: 3.245 m.

Lindes

-Norte: estrada comarcal-Palacio.

-Leste: predios particulares e camiño.

-Sur: predios particulares.

-Oeste: camiño veciñal.

Descrición do perimetro: comezando no NO da parcela atopámonos no cruzamento da estrada comarcal-Palacio cun camiño veciñal a partir dese punto, en dirección E seguimo-lo estrada ata un camiño e predios particulares. Neste punto o perímetro toma direccion S seguindo un camiño e o limite con predios particulares de Dorinda Lores, Dolores Pereira, Agustin Malvar, Valentín Malvar e Manuel Pérez Liño onde torce en dirección O polo lindeiro da predio particular de Antonio Malvar, ata atopar un camiño veciñal.

A continuación segue en dirección N polo camiño veciñal ata cerra-lo perímetro no punto de partida.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración para que poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 26O/1992 polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 27 de maio de 1996.

Jose Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

4817