Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 21 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador M-61/1995 (montes e industrias forestais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de 26 de

novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992) notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción do Regulamento de montes, Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

De conformidade co artigo 19 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de 15 días durante os que estará de manifesto o expediente para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que consideren pertinentes ante o instructor do procedemento na delegación provincial desta consellería sita na cuarta planta do edificio nº 47 da rúa Benito Corbal de Pontevedra.

Pontevedra, 14 de maio de 1996.

Ramona Celia Fernández Alvarez

Instructora

ANEXO

Expediente: M-61/95.

Denunciado: Julio Gallo García.

Último enderezo coñecido: Berducedo-Moaña.

Feito denunciado: tala sen autorización de 29 eucaliptos en monte conveniado denominado San Lourenzo C.M.V.M.C. de Ardán-Marín o día 20-11-1995.

Precepto infrinxido: Art. 411 do Reg. de montes. Decreto 485 do 22-2-1962.

Precepto sancionador: Art. 411 e 459 do Reg. de Montes. Decreto 485 do 22-2-1962.

Sanción: multa de 49.485 ptas. Indemnización, danos e prexuízos de 49.485 ptas.

4816