Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 xuño de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (sector III) (Cuntis-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Esta

cas-Cuntis (sector III) (Cuntis-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 433/1987 do 5 de novembro (DOG nº 231, do 1 de decembro de 1987) e Orde do 12 de febreiro de 1991 (DOG nº 43, do 1 de marzo de 1991), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 28 de maio de 1996 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (sector III) (Cuntis-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste ultimo.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto o público na Casa do Concello de Cuntis e na zona, durante trinta días hábiles, desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación desta e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presenta-los recursos no rexitro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes (r/ Benito Corbal, 47-4º, Pontevedra), no rexistro xeral da consellería (edificio San Caetano, s/n Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facerlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugando en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos, 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 4 de xuño de 1996.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

4373