Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases
combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:
Peticionario: Repsol Butano, S.A., con domicilio na praza da Palloza, 3-2º, 15006 A Coruña.
Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no termo municipal de Ordes, na provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.
Descrición das instalacións:
-Estación de G.L.P., composta por 3 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 178 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e transvase adecuados ás necesidades de consumo.
-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, cunha lonxitude de 4.252 m, e construída con tubería de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá enterrada na súa totalidade.
Área da concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Ordes, na provincia da Coruña.
Orzamento: setenta e tres millóns de pesetas (73.000.000 de ptas.).
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, da Coruña.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
4635