Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 264/1996, R.C.I. 17.803).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Maderas Touro, S.L., co enderezo en Andeade-Touro, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de coxeración de enerxía eléctrica cunha potencia total de 1.000 kVA, composta dun grupo motor-xerador das seguintes características: motor de combustión interna de gasóleo cunha potencia mecánica de 1.125 kW; xerador síncrono cunha potencia nominal de 1.000 kVA, tensión de xeración 0,4 kV ±10%, frecuencia 50 Hz, equipado con regulador automático de tensión; outras instalacioóns auxiliares e de interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 29 de abril de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5215