Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 28 de xuño de 1996 polo que se convoca concurso para cubrir prazas, en réxime de provisión temporal, de secretarías de diversos xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia. (Ordes e outros).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día de hoxe, e de acordo co previsto na Lei orgánica do poder xudicial, en uso das autorizacións outorgadas pola Secretaría Xeral de Xustiza, acordou convocar concurso para cubrir prazas, en réxime de provisión temporal, de secretarías de xulgados, conforme as seguintes bases:

Primeira.-As prazas que se van cubrir corresponden ás secretarías dos xulgados de primeira instancia e instrucción de Ordes e Padrón, na provincia da Coruña; Fonsagrada, Mondoñedo nº 1, Monforte nº 1, Vilalba nº 1 e Viveiro nº 2 na provincia de Lugo; A Pobra de Trives na provincia de Ourense,

e Lalín nº 1 e 2 e Tui nº 1, na provincia de Pontevedra.

Segunda.-Poderán tomar parte neste concurso aqueles solicitantes que, o día en que remate o prazo de admisión, cumpran os requisitos de seren licenciados en dereito e os demais que se exisen para o ingreso no corpo de secretarios xudiciais.

Terceira.-Para a adxudicación destas prazas terase en conta a preferencia que establece o artigo 482.1º da Lei orgánica do poder xudicial, aplicándolles ós secretarios o dito precepto.

Cuarta.-Os concursantes nomeados quedarán suxeitos durante o tempo en que desempeñen o cargo ó estatuto xurídoco do corpo de secretarios xudiciais e terán dereito a percibi-las remuneracións regulamentarias.

Quinta.-Os nomeamentos serán por un ano, que se poderá prorrogar por outro máis, conforme o mesmo procedemento, e os designados cesarán polas causas que establece o artigo 433 da devandita lei orgánica.

Sexta.-Os que desexen tomar parte neste concurso poderán dirixi-las súas instancias ó presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Pazo de Xustiza, praza de Galicia s/n. 15004 A Coruña), mediante a súa presentación na Secretaría de Goberno do dito tribunal, ou utilizando calquera das modalidades previstas no artigo 38 da Lei de procedemento administrativo, dentro do prazo de dez días naturais a partir da publicación desta con

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

vocatoria. As instancias e documentos presentaranse por duplicado, facéndose consta-los seguintes datos:

a) Nome, apelidos, idade, número do documento nacional de identidade, enderezo e teléfono.

b) Manifestación expresa de que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nesta convocatoria, con referencia á data en que expire o prazo de presentación de instancias, e tamén de que se compromete a presta-lo xuramento ou promesa que establece o artigo 33 da Lei orgánica do poder xudicial e de non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade a que se refiren os artigos 398 e seguintes en relación co 471 da dita lei.

c) Indicación concreta da praza ou prazas, por orde de preferencia, a que aspiren de entre as convocadas a concurso.

d) Relación de méritos que se considere oportuno alegar, determinantes de preferencia coa documentación xustificativa do expediente académico do solicitante.

e) Compromiso de tomar posesión da praza para a que sexa nomeado nos prazos previstos polas disposicións legais, unha vez prestado o xuramento ou promesa mencionado.

A Coruña, 28 de xuño de 1996.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia