Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996 pola que se convoca un curso práctico de primeiros auxilios e excarceración, dirixido ós membros dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, a formación dos bombeiros é unha das tarefas encomendadas á devantida academia.

Con base no anterior anúnciase a celebración dun curso práctico sobre primeiros auxilios e excarceración, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dota-lo colectivo de bombeiros de Galicia dos coñecementos necesarios no tema de primeros auxilios e excarceración, co fin de que cando teñan que intervir en situacións de emerxencia

o fagan con total seguridade.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de bombeiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas.

O número de prazas ofertadas para este curso é de 40.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 2 de setembro de 1996, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas, o que será esto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito suporá á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso terá unha duración de 40 horas lectivas, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a)Primeiros auxilios. Queimaduras.

b) Traumatismos craneoencefálicos e da columna.

c) Traumatismos toraco-abdominais.

d)Fracturas, escordeduras e contusións.

e) Transporte do lesionado.

f) O SOS Galicia. A asistencia de emerxencia na nosa comunidade.

g) Excarceración.

h) Rescate de feridos con helicópteros.

Datas.

O curso terá lugar do 9 ó 13 de setembro de 1996.

O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 4 de setembro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na rúa Madrid 2-4, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, suporá a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

5054