Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Metalúrgica Galaica, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Metalúrgica Galaica, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-5-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o 13-5-1996 de conformidade co dispsoto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 1040/1981, do 28 de maio, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 1996.

Fernándo Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Metalúgica Galaica, S.A. de Xubia-Narón para os anos 1996-1997

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo de traballo refírese exclusivamente ás actividades que nas súas instalacións provinciais de Xubia-Narón desenvolve a empresa Metalúrgica Galaica, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afectará este convenio a tódolos productores que actualmente forman parte do cadro de persoal da empresa ou entren nela durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio será de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 1996, sempre que este sexa debidamente rexistrado pola autoridade laboral competente.

Surtirá efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 1996.

Os conceptos económicos do presente convenio incrementaranse no segundo ano da súa vixencia co IPC correspondente a 1996 (e publicado polo INE). Este incremento distribuirase, de similar maneira que no primeiro ano, entre os distintos conceptos salariais. Os novos valores económicos así resultantes terán vixencia desde o 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto no presente convenio continuarán sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral, Estatuto dos traballadores, Ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e as súas modificacións posteriores, e o Regulamento de réxime interior vixente.

Artigo 5º.-Normas para a vixilancia e cumprimento.

Con suxeición ó establecido no artigo 85.2º do Estatuto dos traballadores, constitúese unha comisión paritaria que entenderá previamente dos conflictos derivados da aplicación e interpretación con carácter xeral deste convenio. Comporase de seis vocais, dos que tres serán nomeados pola empresa e outros tres polo comité.

Os acordos ou resolucións adoptaranse por unanimidade de tódolos membros da comisión paritaria e terán carácter vinculante. De non obterse unanimidade, deberán seguirse, para a resolución das xestións propostas, as canles xa previstas pola vixente normativa.

Artigo 6º.-Denuncia.

O convenio, ó remate da súa vixencia, prorrogarase anualmente se ningunha das partes o denuncia cun mes de antelación ó dito termo.

A denuncia deberá comunicarse por escrito á outra parte e, se é o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 7º.-Compensación e absorción de melloras.

As condicións do presente convenio colectivo son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeron por imperativo legal, xurisprudencial, contencioso ou administrativo, convenio salarial, pacto de calquera clase (individual ou colectivo), usos e costumes locais, comarcais ou rexionais, ou por calquera outra causa.

As disposicións legais que puidesen producirse e que impliquen variacións de calquera tipo no presente convenio soamente terán eficacia práctica se globalmente considerados en cómputo anual superasen o nivel do presente convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

Capítulo II

Retribucións. Asignacións de carácter económico.

Artigo 8º.-Salarios.

Os salarios dos distintos grupos e categorías profesionais afectados por este convenio, serán os seguintes:

Grupo 1
-Técnicos:
Enxeñeiros, arquitectos e licenciados212.778 ptas./mes

Grupo 2
-Técnicos:
Peritos e técnicos industriais160.490 ptas./mes
Os mesmos, con responsabilidade técnica por no esixir un titular de categoría superior e non ser precisa a dirección facultativa destes182.899 ptas./mes
Axudantes de enxeñería e arquitectura160.490 ptas./mes
Xefe de 1ª administrativo160.490 ptas./mes

Grupo 3
-Empregados:
Xefe de 2ª administrativo153.012 ptas./mes

-Operarios:
Xefe de taller141.367 ptas./mes
Xefe de laboratorio136.796 ptas./mes
Mestre industrial126.586 ptas./mes
Mestre de taller126.586 ptas./mes
Xefe de sección122.586 ptas./mes
Segundo mestre de taller114.775 ptas./mes
Contramestre114.775 ptas./mes

Grupo 4
-Empregados:
Delineante de 1ª114.775 ptas./mes

-Operarios:
Encargado111.204 ptas./mes
Capataz de especialistas107.366 ptas./mes

Grupo 5
-Empregados:
Oficial de 1ª administrativo114.775 ptas./mes
Viaxante114.775 ptas./mes

Analista de 1ª114.775 ptas./mes
Oficial de 2ª administrativo108.843 ptas./mes
Delineante de 2ª108.843 ptas./mes
Analista de 2ª108.843 ptas./mes
Conductor de 1ª de camión109.002 ptas./mes
Capataz de peóns100.860 ptas./mes

-Operarios:
Profesionais siderúrxicos de 1ª3.631 ptas./día
Profesionais siderúrxicos de 2ª3.542 ptas./día
Oficial de 1ª3.631 ptas./día
Oficial de 2ª3.542 ptas./día

Grupo 6
-Empregados:
Conductor de 2ª de camión106.291 ptas./mes
Listeiro104.908 ptas./mes
Conductor de turismo102.901 ptas./mes
Almaceneiro99.982 ptas./mes
Calcador98.756 ptas./mes
Reproductor de planos97.604 ptas./mes
Auxiliar97.604 ptas./mes
Pesador e basculeiro93.331 ptas./mes
Garda xurado94.312 ptas./mes
Vixilante93.331 ptas./mes
Conserxe93.064 ptas./mes
Enfermeiro89.125 ptas./mes
Telefonista89.125 ptas./mes

-Operarios:
Profesionais siderúrxicos de 3ª3.431 ptas./día
Oficial de 3ª3.431 ptas./día
Especialista3.331 ptas./día
Mozo especialista de almacén3.331 ptas./día

Grupo 7
-Empregados:
Ordenanza93.331 ptas./mes
Porteiro93.331 ptas./mes
Persoal de limpeza87.867 ptas./mes
Botóns de 16 anos67.004 ptas./mes
Botóns de 17 anos70.446 ptas./mes
Aspirante de 16 anos administrativo67.004 ptas./mes
Aspirante de 17 anos70.446 ptas./mes

-Operarios:
Peóns ordinarios3.131 ptas./día
Pinche de 16 anos2.213 ptas./día
Pinche de 17 anos2.345 ptas./día

Artigo 9º.-Gratificacións.

Establécense as seguintes gratificacións, que percibirá mensualmente o persoal, ata unha tonelaxe de 5.500 toneladas fundidas na sección de aceiría e 2.800 toneladas laminadas na sección de laminación, e na forma que a seguir se detalla:

O importe da gratificación que a cada traballador corresponda, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado G1, que resulta da seguinte fórmula:

MDL-DLNT

G1 =

MDL

MDL: media de días (ou fracción) laborables por mes entre as quendas da sección.

DLNT: días (ou fracción) laborables non traballados, dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restarase a cada pro

ductor o número de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

-Sección de aceiría:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á producción directa na sección de aceiría percibirá 2,19 pesetas por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 5.500 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados a servicios auxiliares, percibirá 1,75 pesetas por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe de 5.800 toneladas.

-Sección de laminación:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á producción directa na sección de laminación, percibirá 5,51 pesetas por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados a servicios auxiliares, percibirá 4,41 pesetas por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

-Talleres e outras seccións:

a) Cada traballador, cun rendemento normal, percibirá, como gratificación á producción, a cantidade resultante de multiplica-la media da gratificación obtida no mes por un traballador, do coeficiente 1,00 na sección de fundición e na de laminación, por 0,75. E todo isto de acordo coa forma e coeficientes que se sinalan a seguir, aplicados a cada categoría:

Importe grat. acería (A) + Importe grat. lam. (B)

x 0,75

2

CategoríasCoeficientes

Encargados1,50
Oficiais de 1ª1,25
Oficiais administrativos de 1ª1,25
Oficiais de 2ª1,00
Oficiais administrativos de 2ª1,00
Oficiais de 3ª1,00
Conductores1,00
Especialistas1,00
Peóns1,00
Auxiliares1,00
Delineantes1,00
Vixilantes1,00
Pesador1,00

É dicir, e como fórmula final:

A + B (1,50)

x 0,75 x (1,25) x G1

2 (1,00)

Artigo 10º.-Prima á producción.

Esta prima aboarase mensualmente a cada traballador a partir dun mínimo de producción e sempre, claro está, que o producto elaborado estea dentro de normas comerciais, fixadas no programa de fabricación. O importe da prima á producción que a cada traballador corresponda, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado P1, que resulta da seguinte fórmula:

MDL-DLNT

P1 =

MDL

MDL = media de días (ou fracción) laborables para mes entre as quendas da sección.

DLNT = días (ou fracción) laborables non traballados, dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle a cada productor o número de días (ou fracción) laborales que este non traballase dentro dese mes.

-Sección de acería:

El número de toneladas que excedan el mínimo de cada escallón se multiplicará por el precio tonelada correspondiente a dicho escalón.

Táboa

TMS. BanzosPrezo/TM.Valor

banzó

Valor

banzo

40.565-42.9881,453.509
42.988-45.4121,694.089 7.607
45.412-47.8352,064.98412.591
47.835-50.2592,295.55918.150
50.259-52.6822,546.14824.298
52.682-55.1062,766.69230.990
55.106-57.5293,017.29838.288
57.529-59.9533,267.90446.192
59.953-62.3763,498.46154.653
62.376-64.8003,869.34764.000

Resto a 3,86 pesetas/tonelada.

Ó persoal de servicios auxiliares aplicaráselle o coeficiente do 1,00.

Se por causas tales como, por exemplo, avarías, carencia de materia prima e outros similares, non se traballase na sección de fundición, non se devengará ningunha cantidade polo concepto de prima.

Cláusula de revisión. Esta prima está calculada para as actuais condicións de traballo: catro quendas rotativas, o actual forno (nº 5), forno culler e máquina de coada, e as instalacións auxiliares e complementarias tal e como agora están. Calquera innovación, reforma ou mellora que incremente a producción determinará a revisión de prezos e sistemas, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ó inicio destas conversas, e cunha antelación non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico no que deberá fundamentarse a revisión.

Se non se chegase a acordo dentro do dito prazo, terase en conta o regulado sobre tal particular na vixente normativa.

Mentres se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de producción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

-Sección de laminación:

Continuarase aplicando, por día de traballo efectivo, o sistema de primas estudiado e realizado para esta empresa pola casa Bedaux, e que xa foi implantado no ano 1981.

Sinálase, por vía de exemplo, que a un rendemento de 80 puntos Bedaux, corresponderán 89 pesetas/hora, traballando neste caso a catro quendas rotativas. Calquera incremento no número de quendas ou no tempo (de horas e minutos) de traballo efectivo determinará a revisión dos valores económicos abranguidos entre os correspondentes a aqueles óptimo e mínimo.

Os coeficientes que se aplicarán ó persoal desta sección, sobre a prima resultante, serán o 1,00, 1,03 e 1,50.

Se por causas tales, como por exemplo, avarías (seguindo a clasificación Bedaux), carencia de materia prima e outras similares, non se traballase na sección de laminación, non se devengará ningunha cantidade polo concepto de prima. De darse estas circunstancias e mentres elas duren, estes tempos en que non se lamine non serían computables para efectos de cálculo de rendementos (segundo as normas de Bedaux).

Cláusula de revisión. Esta prima está calculada para as actuais instalacións de Megasa e con bilete cadrado de sección 130x130 mm. Calquera innovación, reforma ou mellora que modifique e incremente a producción, determinará a revisión de prezos e correspondente adaptación do sistema, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ó inicio destas conversas, e cunha antelación non inferior de trinta días, facilitará un informe técnico no que deberá fundamentarse a revisión.

Se non se chegase a acordo, dentro do dito prazo, procederase segundo o regulado sobre tal particular nas disposicións legais vixentes.

Mentres se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de producción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

-Talleres e outras seccións:

Cada traballador, cun rendemento normal, percibirá como prima á producción a cantidade resultante de multiplica-la media da prima á producción obtida no

mes por un traballador, dos do coeficiente 1,00 tanto na sección de aceiría como na de laminación, polos coeficientes máis abaixo indicados:

Impte. Prima Secc. Aceiría + Impte. Prima Secc. Lamin.

x Coef.

2

Persoal doutras dependenciasCoeficiente

Oficinas0,85
Laboratorio0,98
Conductores0,98
Mantemento1,00
Varios0,95

Artigo 11º.-Remuneración extrasalarial.

Mentres non sexa posible regula-la retribución do traballo en función do rendemento, e mentres non se realicen os estudios necesarios para iso, establécese o devengo extrasalarial equivalente ó vintecinco por cento dos salarios base reseñados anteriormente, que percibirán por día de traballo tódolos productores que alcancen un normal rendemento independente do resultado obtido. Unha vez fixadas as táboas de rendementos mínimos, que se realizarán tomando como base unha actividade media mínima de 60 BEDAUX ou cen centésimas, serán estas as que sirvan de base para o outorgamento dos premios de incentivo, quedando, polo tanto, a partir dese mesmo momento sen efecto o vintecinco por cento antes citado, en todos aqueles postos de traballo nos que chegase a implantarse o referido sistema.

Artigo 12º.-Premio por antigüidade.

O premio por antigüidade será o establecido pola vixente Ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e demais disposicións legais concorrentes e computarase para efectos económicos nas pagas de xullo, Nadal e vacacións, e respectaranse os topes establecidos no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán no aboamento de dúas gratificacións ó ano, unha en xullo e outra en Nadal, consistentes, cada unha, en trinta días do salario que figura nas táboas deste convenio, incrementado no 25% extrasalarial que se fixa no artigo 11, aplicado só sobre o soldo base, maila antigüidade correspondente a cada traballador. Estas gratificacións aboaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias non se verá reducido en caso de IT producida por accidente laboral.

Artigo 14º.-Vacacións e descansos.

Establécense en trinta días naturais para todo o persoal, de acordo co artigo 38 do Estatuto dos traba

lladores, modificado pola Lei 4/1983, do 29 de xuño. O desfrute destas poderá ser dividido en dous períodos: 21 días continuados nos meses de xullo ou agosto, que serán fixados pola empresa segundo as necesidades desta, e 8 días en período de temporada alta do calendario eléctrico (agás en casos extraordinarios de avarías graves ou investimentos estructurais importantes), unidos, estes últimos, á parada de Nadal, deixando un día para desfruta-lo 1 de xaneiro de cada ano.

Os descansos correspondentes a festividades traballadas realizaranse dentro do ano e de acordo coas necesidades técnicas, organizativas e productivas da empresa. A data de descanso notificarase cun preaviso razoable (aproximadamente dunha semana).

Cando se realicen reformas ou novas instalacións que requiran o concurso e, ou, o adestramento do persoal de mantemento, de rápida intervención e operación, este non esperará a remata-las súas vacacións, e anticipará a súa reincorporación ó traballo no número de días preciso (normalmente un ou dous días) para que poida iniciarse o proceso productivo con normalidade. O desfrute dos días anticipados farase dentro da temporada correspondente, e de común acordo coa empresa.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A empresa, ó se inicia-las relacións de traballo, facilitaralle a cada traballador dúas fundas, dúas toallas e un par de botas de seguridade.

A duración normal da roupa será de catro meses para fundas e toallas, facilitándose un par de botas contra entrega das anteriores, por inservibles estas, cun máximo de tres pares ó ano.

Non obstante, a empresa facilitará a roupa que se solicite naqueles casos necesarios e perentorios en que, logo de informe do xefe de sección, se xustificase a súa necesidade.

Así mesmo a empresa terá á disposición do persoal roupa e calzado adecuados para efectuar traballos en lugares que presenten moita suciedade, ademais de proporcionarlles ós seus traballadores todo o material de protección e seguridade que sexa necesario.

Artigo 16º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e oportuna xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais, en caso de casamento.

b) Tres días naturais, por parto da esposa.

c) Tres días naturais, en caso de falecemento de pais, fillos, pais políticos, avós, netos, cónxuxe e irmáns, sempre que o óbito teña lugar na provincia

e cinco días naturais cando ocorra fóra dela, e dous días naturais en caso de falecemento de irmáns e fillos políticos.

d) Dous días naturais, en caso de enfermidade grave de pais, avós, fillos e cónxuxe.

e) Un día natural, en caso de casamento de fillos ou irmáns ou por cambio de domicilio habitual.

En tódolos demais casos observarase o disposto nas normas legais.

A remuneración estará integrada polos seguintes conceptos: salario base, antigüidade e un cincuenta por cento da prima á producción correspondente a ese día.

Artigo 17º.-Plus de distancia.

Tódolos productores percibirán, por este concepto, e sen que se teña que ter en consideración o número de quilómetros, a cantidade, igual para todos, de 42 pesetas, por día enteiro de traballo efectivo. Este plus ten carácter extrasalarial.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Tódolos traballadores con dereito a percibir suplemento de nocturnidade, de conformidade co disposto no artigo 34.6º do Estatuto dos traballadores, percibirán unha bonificación do 30% sobre o seu salario base, por noite.

Artigo 19º.-Plus por quendas.

A tódolos productores que traballen en quendas rotativas aboaráselles 541 pesetas por día de traballo efectivo e a dita cantidade será igual para tódalas categorías.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre as de traballo efectivo aquí pactadas (artigo 22) aboarase a teor do importe que figure nas táboas do artigo 21.

Recoñéceselle o carácter de estructurais ás horas extraordinarias que vén realizando necesariamente esta empresa por causas técnicas obrigadas, cales son as que afectan á cuarta quenda e o acendido e mantemento de fornos de aceiría e laminación; as orixinadas para reparación inmediata e urxente de avarías, cambios técnicos necesarios e outros imponderables.

Por outra parte, as horas extraordinarias traballadas poderán ser computadas por días de descanso, segundo as necesidades económicas, técnicas, organizativas e, ou, productivas.

Artigo 21º.-Valor de horas extraordinarias.

Os valores das horas extraordinarias acordadas para as distintas categorías son as seguintes:

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo efectivo, para o persoal que o faga a tres, catro e cinco quendas rotativas (artigo 25) durante o ano 1996 e 1997, e consideradas en cómputo anual, será de mil oitocentas cinco horas e corenta e cinco minutos, de acordo co seguinte calendario.

O persoal de xornada partida, taller de laminación e o de mantemento fará 8 horas diarias de traballo efectivo, de luns a venres, ámbolos dous incluídos, coa soa excepción dos días 24 e 31 de decembro, que fará 4 horas de traballo efectivo, se non coinciden en sábado ou festivo.

O horario para as seccións de mantemento será de 8 a 13 horas e de 14.30 a 17.30 horas, agás o día que por mantemento se pare a producción (xeralmente os xoves, na sección de aceiría, e os venres, na sección de laminación), que o farán de mañá, de 6.45 a 15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de aceiría, os días do calendario eléctrico, e de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de laminación, os días medios e baixos do calendario eléctrico.

O horario das quendas, mañá e tarde, será de luns a venres, de 5.45 a 14 horas, e de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Para o suposto de que, por disposición legal vinculante, se variase o calendario eléctrico (de horas

punta, chan e val), as partes deliberantes do presente convenio comprométense a negociar, o máis tarde, dentro do mes seguinte, a adecuación do contido deste terceiro parágrafo ás novas necesidades económicas, técnicas, organizativas e, ou, productivas da empresa.

Cando se necesite continua-la xornada, por ser necesario finaliza-las tarefas iniciadas en mantemento, e que afecten ó proceso productivo, investimentos ou á posta en marcha da instalación, será obrigatorio prolonga-la xornada do persoal responsable do traballo, en sete horas en cómputo semanal, sen excede-lo 50% nun só día, acumulando as horas que excedan o horario da xornada, e que as desfrutará posteriormente de común acordo coa empresa.

-Xornada partida:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Mañá: de 8.30 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 18 horas.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8.30 a 12.30 horas.

-Taller de laminación:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Mañá: de 8 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8 a 12 horas.

-Mantemento:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Mañá: de 8 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8 a 12 horas.

-Día de paro por mantemento:

Aceiría, xeralmente os xoves (días baixos):

Xornada de mañá: de 6.45 a 15 horas, con descanso de 15 minutos.

Laminación, xeralmente os venres (días medios e baixos):

Xornada de tarde: de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

-Dúas quendas, mañá e tarde.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Quenda de mañá: de 5.45 a 14 horas, con descanso de 15 minutos.

Quenda de tarde: de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8 a 12 horas.

Os horarios de tren de rolo, de 3 e 4 quendas, figuran como anexos a este convenio.

Artigo 23º.-Seguro de grupo.

Afectará a tódolos traballadores que actualmente forman parte do persoal da empresa ou entren no futuro a formar parte del.

Os riscos cubertos son:

a) En caso de falecemento, o pagamento dun capital de 3.000.000 de pesetas.

b) En caso de invalidez absoluta e permanente, o pagamento dun capital igual ó indicado no parágrafo a.

d) En caso de falecemento por accidente, o pagamento dun capital igual ó dobre do indicado no parágrafo a).

e) En caso de falecemento por accidente de circulación, o pagamento dun capital igual ó triple do indicado no parágrafo a).

Aclárase que acollerse a un destes supostos exclúe os outros tres.

Artigo 24º.-Plus de traballo en festivo.

O persoal suxeito a horario do tipo tres, catro ou cinco quendas rotativas traballará, como mínimo, doce festividades do ano, e percibirá 6.119 pesetas por cada unha traballada. O traballo nestes festivos será

considerado para tódolos efectos como xornada ordinaria e en ningún caso será computable para as vacacións regulamentarias.

Artigo 25º.-Quinta quenda rotativa.

O horario de traballo para as sección de aceiría e laminación adecuarase a cinco quendas rotativas, negociarase tan só en canto a calendario anual e ciclos de rotación.

As horas non traballadas na quinta quenda, ata completa-lo número das anuais pactadas, deberán realizarse cubrindo baixas por absentismo e na realización de traballos varios.

Artigo 26º.-Mobilidade na empresa.

A mobilidade no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. Na falta de definición de grupos profesionais, tal mobilidade poderá efectuarse entre categorías profesionais equivalentes. Como é obvio, e dadas as características da empresa, esta mobilidade levará sempre emparellada a do horario, que pasará a se-lo do novo destino.

Esta mobilidade para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. O empresario deberá comunicar esta situación ós representantes dos traballadores.

A mobilidade efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, agás nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia desta mobilidade.

Se, como consecuencia dela, se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso ou, en todo caso, a cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo de informe do comité, o traballador poderá reclamar ante a xurisdicción competente.

O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído nos supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometimento ás regras previstas para as modificacións de condicións de traballo.

Capítulo III

Xeneralidades

Artigo 27º.-Clasificación profesional.

Acéptase clasifica-las categorías deste convenio en grupos profesionais, seguindo o acordo marco asinado polas federacións do metal (CC.OO., UGT e CIG) dunha parte, e da outra Confemetal, e publicado no BOE nº 55, do 4 de marzo de 1996.

Acórdase que a empresa realizará os estudios necesarios de postos de traballo e categorías profesionais para adaptarse á súa actividade específica.

Artigo 28º.-Contratación laboral.

As partes asinantes deste convenio, coa finalidade de fomentar e xerar novas contratacións, establecen, nesta materia, os seguintes compromisos:

a) Contrato en prácticas.

A duración do contrato será como mínimo de 6 meses e como máximo 2 anos. O período de proba será, para persoal non cualificado, de 30 días de traballo efectivo, para persoal cualificado e de título de 3 meses, e para persoal titulado superior de 6 meses. A retribución será, durante o primeiro ano de vixencia do contrato, o 75%, e para o segundo ano o 85% sobre as retribucións que o convenio estableza para a categoría na cal se encadre o posto de traballo contratado, ou outro similar, se aquel fose de nova creación.

O coeficiente de prima á producción será de 0,75 e 0,85 respectivamente, sobre o fixado para cada un deses postos de traballo.

b) Contratos de duración determinada (artigos 15 e concordantes do Estatuto dos traballadores).

A duración destes contratos poderá ser de ata 24 meses, dentro de períodos de trinta. É dicir, que poderá reiterarse co mesmo traballador, transcorridos tan só 6 meses desde o vencemento do anterior contrato. Os períodos de proba serán igual que os fixados no compromiso a).

O coeficiente de prima á producción será de 0,75 o primeiro ano e 0,85 o segundo ano, sobre o fixado para cada un deses postos de traballo.

Artigo 29º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio, observarase o que dispoña en cada materia a lexislación vixente.

Anexo ó convenio de Metalúrgica Galaica, S.A. do ano 1996

Táboas salariais anuais

Grupo 1
-Técnicos:
Enxeñeiros, arquitectos e licenciados4.387.968 ptas./ano

Grupo 2
-Técnicos:
Peritos e técnicos industriais3.309.657 ptas./ano
Os mesmos, con responsabilidade técnica por non esixir un titular de categoría superior e non ser preciso a dirección facultativa destes3.771.773 ptas./ano

Axudantes de enxeñería e arquitectura3.309.657 ptas./ano
Xefe de 1ª administrativo3.309.657 ptas./ano

Grupo 3
-Empregados:
Xefe de 2ª administrativo3.155.433 ptas./ano

-Operarios:
Xefe de taller2.915.297 ptas./ano
Xefe de laboratorio2.821.023 ptas./ano
Mestre de taller2.610.502 ptas./ano
Xefe de sección2.527.998 ptas./ano
Segundo mestre de taller2.366.929 ptas./ano
Contramestre2.366.929 ptas./ano

Grupo 4
-Empregados:
Delineante de 1ª2.366.929 ptas./ano

-Operarios:
Encargado2.291.187 ptas./ano
Capataz de especialistas2.210.995 ptas./ano

Grupo 5
-Empregados:
Oficial de 1ª administrativo2.366.929 ptas./ano
Viaxante2.366.929 ptas./ano
Analista de 1ª2.366.929 ptas./ano
Oficial de 2ª administrativo2.244.579 ptas./ano
Delineante de 2ª2.244.579 ptas./ano
Analista de 2ª2.244.579 ptas./ano
Chofer de 1ª de camión2.247.870 ptas./ano
Capataz de peóns2.061.847 ptas./ano

-Operarios:
Profesionais siderúrxicos de 1ª2.268.666 ptas./día
Profesionais siderúrxicos de 2ª2.212.640 ptas./día
Oficial de 1ª2.268.666 ptas./día
Oficial de 2ª2.212.640 ptas./día

Grupo 6
-Empregados:
Chofer de 2ª de camión2.191.955 ptas./ano
Listeiro2.163.445 ptas./ano
Chofer de turismo2.122.061 ptas./ano
Almaceneiro2.061.847 ptas./ano
Calcador2.036.579 ptas./ano
Reproductor de plans2.012.824 ptas./ano
Auxiliar2.012.824 ptas./ano
Pesador e basculeiro1.924.700 ptas./ano
Garda xurado1.944.925 ptas./ano
Vixilante1.924.700 ptas./ano
Conserxe1.919.176 ptas./ano
Enfermeiro1.837.945 ptas./ano
Telefonista1.837.945 ptas./ano

-Operarios:
Profesionais siderúrxicos de 3ª2.142.790 ptas./día
Oficial de 3ª2.142.790 ptas./día
Especialista2.080.944 ptas./día
Mozo especialista de almacén2.080.944 ptas./día

Grupo 7
-Empregados:
Ordenanza1.924.700 ptas./ano
Porteiro1.924.700 ptas./ano
Persoal de limpeza1.812.029 ptas./ano
Botóns de 16 anos1.381.786 ptas./ano
Botóns de 17 anos1.452.761 ptas./ano
Aspirante de 16 anos administrativo1.329.257 ptas./ano
Aspirante de 17 anos1.390.528 ptas./ano

-Operarios:
Peóns ordinarios1.955.796 ptas./día
Pinche de 16 anos1.382.445 ptas./día
Pinche de 17 anos1.464.665 ptas./día

Narón (A Coruña), 13 de maio de 1996

5039