Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.773

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (131/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber:

Que nos autos de xuízo de desafiuzamento seguidos co número 131/1996 se dictou sentencia con data 8 de abril de 1996, con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número un, desta cidade, e o seu partido os presentes autos de xuízo de desafiuzamento, seguidos neste xulgado co número 131 de 1996, entre partes, dunha como demandante Antonio García Cebey, maior de idade, casado, veciño do municipio de Tordoia, con domicilio en Cabaleiros, representado en autos polo procurador Fernández Pérez, e doutra como demandado Evencio García Blasco, maior de idade, casado, domiciliado no Milladoiro (Ames), Rosalía de Castro, 96, portal 1, primeiro B, comparecido persoalmente, sobre falta de pagamento da renda de vivenda.

Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de Antonio García Cebey, contra Evencio García Blasco, comparecido persoalmente, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que, sobre a vivenda sita no piso primeiro B da casa número 96, portal 1, da rúa Rosalía de Castro da localidade do Milladoiro (Ames) e anexos praza de garaxe e rocho, existe entre as partes por falta de pagamento da renda estipulada, e consecuentemente proceder ó desafiuzamento do demandado da expresada vivenda e anexos, apercibíndoo de que se non a desaloxa dentro do termo legal, será lanzado dela e á súa custa, con expresa imposición de custas causadas ó dito demandado.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de tres días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde, Evencio García Blasco, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, o nove de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5255