Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se anuncia a contratación da asistencia técnica que ten por obxecto o apoio técnico á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública no Plan de avaliación do rendemento das unidades administrativas da Xunta de Galicia durante o ano 1996, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

1. Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica que ten por obxecto o apoio técnico á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Púbica no Plan de avalización de rendemento das unidades administrativas da Xunta de Galicia o ano 1996, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: os traballos obxecto da contratación levaranse a cabo antes do 31 de decembro de 1996.

3. Orzamento: 9.950.000 pesetas.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días hábiles e horas de oficina, na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na segunda planta do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

5. Garantía provisional: 199.000 pesetas.

6. Garantía definitiva: 398.000 pesetas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberan presentarse en sobres pechados e lacrados na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Deberán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 23 de xullo de 1996.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 10 horas do día 26 de xullo, en acto público, nunha

das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, importe que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1996.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios

4960