Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 15 de xuño de 1996, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Laxe, consistente na reordenación de espacios públicos e edificacións no contorno do mercado municipal, recualificando unha parcela de titularidade municipal sita na parte posterior del como chan residencial denso o mesmo que o rueiro do que forma parte, que na actualidade figura como especio público, ara situar no andar baico dela o novo mercado municipal, e eliminado a parcela de equipamentos que ocupa o mercado municipal na actualidade, pasando a ser espacio libre, de modo que se poida executar de maneira axeitada todo o espacio libre resultante, no que se formará unha praza pública; exponse ó público o expediente durante o prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no diario La Voz de Galicia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Durante o devandito prazo, poderase examina-lo expediente por calquera que o desexe para formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito da parcela de titularidade municipal sita na parte posterior do mercado actual, e así mesmo no ambito da parcela de equipamentos de tiutlaridade municipal que actualmente ocupa o mercado municipal existente, afectadas ambas pola modificación puntual das N.S.P.N. en trámite.

Non obstante, e de conformidade co disposto no artigo 120.1º do Regulamento de planeamento, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

A suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual das N.S.P.M.

Laxe, 19 de xuño de 1996.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente

4928