Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 15 de xuño de 1996, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Laxe, consistente na rectificación da ordenanza que regula a execución de cuberta en edificios de vivenda colectiva en solo residencial denso e situacións singulares, exponse ó público o expediente durante o prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no diario La Voz de Galicia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Durante o devandito prazo, poderase examina-lo expediente por calquera que o desexe para formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito da zona chan residencial denso e situacións singulares, afectadas ambas pola modificación puntual das N.S.P.N. en trámite.

Non obstante, e de conformidade co disposto no artigo 120.1º do Regulamento de planeamento, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

A suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual das N.S.P.M.

Laxe, 19 de xuño de 1996.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente

4258