Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión celebrada o trinta e un de maio do actual, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no ámbito do Plan Especial de Acondicionamento para Usos Universitarios do Antigo Hospital de Esteiro (PE-5).

De conformidade co artigo 117.3º do texto refundido da Lei do Solo, sométese a información pública durante o prazo de quince días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de xuño de 1996.

O alcalde

Rubricado

4927