Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996 pola que se anuncia a convocatoria de dous concursos públicos abertos e con tramitación de urxencia, para a contratación dunhas asistencias.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación

de dous contratos de asistencia, suxeitos ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expedientes: 96.05.0086 e 96.05.0087.

2. Obxecto dos contratos.

a) Realización dunha enquisa ás empresas do sector pesqueiro e estimación das correspondentes variables macroeconómicas.

-Nº de expediente: 96.05.0086.

-Prazo de execución: 3 meses contados a partir da sinatura do contrato e co límite de data do 30 de outubro para o seu remate e entrega da documentación ó IGE.

-Orzamento: 4.710.000 pesetas.

b) Realización dunha enquisa ás industrias alimentarias e da madeira para investigar as variables macroeconómicas da industria da primeira transformación dos productos agrarios e pesqueiros de Galicia.

-Nº de expediente: 96.05.0087.

-Prazo de execución: 3 meses contados a partir da sinatura do contrato, e co límite de data do 30 de outubro para o seu remate e entrega de documentación ó IGE.

-Orzamento: 7.290.000 pesetas.

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

4. Fianza provisional.

-Expediente 96.05.0086: 94.200 pesetas.

-Expediente 96.05.0087: 145.800 pesetas.

5. Fianza definitiva.

-Expediente 96.05.0086: 188.400 pesetas.

-Expediente 96.05.0087: 291.600 pesetas.

6. Documentacion de interese para os licitadores: poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf: 54 13 21, e fax: 54 13 23.

7. Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares a proposición económica, e as características técnicas segundo o esixido no prego de prescricións técnicas, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de proposicións: o sexto día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e ás 13 h respectivamente, nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

9. O pagamento do presente anuncio correrá por conta dos licitadores adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

5151