Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 6/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da subministración de papel secamáns, toalla dun só uso, panos de papel e deterxentes.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento.

-Contratación de: subministración de papel secamáns, toalla dun só uso, panos de papel e deterxentes.

-Orzamento: 3.930.000 ptas. (tres millóns novecentas trinta mil ptas.).

Prazo de execución.

Antes dunha 1 semana, a partir da solicitude efectuada polo centro. Autorízanse entregas parciais.

Forma de adxudicación.

Procedemento aberto por medio de concurso público nº 6/96, tramitado con carácter urxente.

Admisión de variantes.

Admítense variantes.

Solvencia ecónomica e financeira.

Acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como das subministracións realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica.

Entrega de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

Fianza provisional.

2% do orzamento total do lote o que se licite.

Criterios de adxudicación.

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado5 puntos

2Calidade dos materiais2 puntos

3Prazo de entrega2 puntos

Documentación de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. ( Tlno. (986) 86 23 63 e fax.(986) 84 79 41).

Presentación de proposicións.

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións.

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas da área de Xestión do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 31 de maio de 1996.

Juan J. Fernández Ramos

Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón

4948