Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a subministración do mobiliario para a sede central do ente en Santiago de Compostela.

O presidente do Ente Público Portos de Galicia, en virtude do artigo 6.3º g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do Ente Público Portos de Galicia, e do artigo 9 h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento do ente, dictado en aplicación e desenvolvemento da Lei 5/1994, adxudicou o concurso para a subministración do mobiliario da sede central do ente en Santiago de Compostela.

Adxudicatario: Suministros Técnicos de Galicia, S.L. (Sutega, S.L.).

Orzamento: 15.848.856 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das adminitracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

5115