Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial de Galicia 95/1995 da Coruña e 258/1994, 11/1995 e 43/1995 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1996.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 95/1995 A Coruña.

Denunciado último domicilio coñecido: Suárez Noya, Celso. Benza, 4. Trazo-A Coruña.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: pescar con sedelas dormintes.

Tipificación: 35.5.

Sanción: 500.001 pesetas. Inhab. 1 ano e 1 día para obte-la licencia de pesca.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 258/1994 Pontevedra.

Denunciado último domicilio coñecido: Gil Alejandro, Domingo. Cantabria, 126. Vigo-Pontevedra.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: pescar con voitiróns.

Tipificación: 34.4.

Sanción: 100.000 pesetas. Inhab. 1 ano para obte-la licencia de pesca.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 11/1995 Pontevedra.

Denunciado último domicilio coñecido: Fernández González, Elisardo. San Luis, 50. Pontecesures-Pontevedra.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: pescar con voitiróns.

Tipificación: 35.5.

Sanción: 500.001 pesetas. Inhab. 1 ano e 1 día para obte-la licencia de pesca.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 43/1995 Pontevedra.

Denunciado último domicilio coñecido: Represas Cebreiro, Jesús. Parada-Xinzo. Ponteareas-Pontevedra.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: non respecta-las normas para a captura da lamprea.

Tipificación: 34.4.

Sanción: 100.000 pesetas. Inhab. 1 ano para obte-la licencia de pesca.

4976