Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se notifican as resolucións dos recursos ordinarios dos expedientes sancionadores de pesca fluvial de Galicia 291/1993 da Coruña, 107/1995 de Lugo, 20/1994 e 131/1994 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

A presente resolución, de conformidade coa Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 41 da Lei de pesca fluvial de Galicia, esgota a vía administrativa e na súa contra só procederá, de se-lo caso, recurso contencioso-administrativo, que se interpoñerá perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 291/1993 A Coruña.

Denunciado último domicilio coñecido: Baxoi, S.L., República de Argentina, 54. 15404 Ferrol-A Coruña.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: enturbamento descomposición de leito.

Tipificación: 34, 21, 34, 22, e 35.9.

Sanción: 1.000.000 de pesetas.

Resolución recurso: desestimado.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 107/1995 Lugo.

Denunciado último domicilio coñecido: Enrique J. Gustavo Díaz Barus. Monforte, 10. 15007 A Coruña.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: infracción de prescricións especiais.

Tipificación: 33.9.

Sanción: 25.000 pesetas.

Resolución recurso: desestimado.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 20/1994 Pontevedra.

Denunciado último domicilio coñecido: Martínez Buela, Celia. Herbón, Padrón. A Coruña.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: non respecta-las normas captura da lamprea.

Tipificación: 34.16.

Sanción: 55.000 pesetas. Inhab. un ano para obte-la licencia de pesca.

Resolución recurso: desestimado.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 131/1994 Pontevedra.

Denunciado último domicilio coñecido: Martínez Bargiela, Olimpio. Gabino Bugallal, 57 Ponteareas.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: pescar de noite e á man.

Tipificación: 34, 11, 12.

Sanción: 60.000 pesetas. Inhab. un ano para obte-la licencia de pesca.

Resolución recurso: desestimado.

4597