Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador de espacios naturais de Galicia 25/1994 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación de espacios naturais de Galicia.

A presente resolución, de conformidade coa Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 38.3º da Lei de conservación de espacios naturais de Galicia, esgota a vía administrativa e na súa contra só procederá, de se-lo caso, recurso contencioso-.administrativo, que se interpoñerá perante o tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Procedemento sancionador Lei 4/1989: 25/1994 Pontevedra.

Denunciado último domicilio coñecido: Emilia Montenegro Tellado. Rúa Pescadores, 1-3 Bouzas-Vigo.

Contido da resolución recorrida:

Feitos imputados: acampar sen permiso na illa de Ons-Praia de melide.

Tipificación: 38.3º.

Sanción: 10.000 pesetas.

Resolución recurso: desestimado.

4159