Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/160-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Queserías del Ulla, S.L.

Enderezo social: San Miguel de Sarandón (Vedra), 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: pranta coxeración e condición de autoxerador.

Situación: Vedra.

Descricións técnicas: anteproxecto de instalación de central de coxeración enerxía eléctrica-vapor, constituída por:

Motor diésel de 8 cilindros en liña, de 710 kW de potencia e 1.000 R.P.M.

Alternador sincrono de 850 kVA, a 1000 P.R.M. a 380 V e cos a= 0,8.

Tranformador de 1000 kVA de potencia e tensións de 0,4/20 kV.

Caldeira de recuperación acuotubular para unha producción de vapor de 321 kg/h.

Tanques de almacenamento e preparación combustible e aparellos de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3886