Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- da asistencia técnica de clave N/LU/91.2.

a)Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da LU-1.612. Treito: Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz.

Clave: N/LU/91.2.

Orzamento: nove millóns trescentas noventa e dúas mil duascentas corenta e dúas pesetas (9.392.242).

Prazo de execución: 8 meses

Clasificación: non se esixe

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se adxunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coin

cida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela 3 de xullo de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2040