Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato de subministracións de equipamento parcial do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia, por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

-O equipamento parcial do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

-A licitación e a adxudicación poderán ser efectuadas por lotes:

* Lote I: equipamento da sala de descanso e T.V.

* Lote II: equipamento da sala de estudio e biblioteca.

* Lote III: equipamento do despacho, antesala de dirección e elementos varios.

* Lote IV: armarios alumnado.

-O equipamento deberá ser entregado no centro que se vaia equipar, sito en Fernando Olmedo nº 3, de Pontevedra.

-Prazo de entrega: dous (2) meses.

3. O presente expediente, de tramitación ordinaria, seguirá o procedemento de adxudicación aberto e a forma de concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: o orzamento total de licitación ascende, IVE incluído, a doce millóns setecentas vintetrés mil catrocentas sete pesetas (12.723.407 ptas.).

Ascende cada un dos seus lotes ós seguintes importes:

* Lote I: 3.133.250 ptas.

* Lote II: 5.836.487 ptas.

* Lote III: 1.487.983 ptas.

* Lote IV: 2.255.687 ptas.

O licitador poderá presentar oferta á totalidade dos lotes ou só a un ou varios deles.

5. Garantía provisional: prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación, xa total ou do lote ou lotes ó que concurra o licitador.

6. Obtención de documentación e información: no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. ( Estadio multiusos de San Lázaro s/n. Santiago de compostela. Teléfono: 54 26 26).

7. Presentación de ofertas:

A) Data límite: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación para presentar: a requirida no prego de cláusulas administrativas particulares.

C) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39, ou no xeral da Xunta de Galicia (edificos administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

D) Admisión de variantes: admitiranse só aquelas que garden relación coa calidade ou aumento do número de elementos que se van subministrar, complementos ornamentais ou funcionais.

8. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

9. Gastos de anuncios: será por conta do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu estracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1996)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

5143