Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (23/1996).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 23/1996, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o trinta de abril de mil novecentos noventa e seis.

Fco. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 23/1996, promovidos polo Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, e dirixido polo letrado Ángel M. García, contra Severino Vieites Tejo, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer trance e remate dos bens embargados a Severino Vieites Tejo, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 4.296.794 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderase interpor neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña recurso de apelación no prazo

improrrogable de cinco días contados desde a súa notificación».

A sentencia inserta previamente foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintedous de maio de mil novecentos noventa e seis.

4944