Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/53-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xeneral Gómez Zamalloa, 9, 1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. O Pino.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 30 m de lonxitude en LA-30 que parte da L.M.T. Cillobre, A Piña, na súa derivada ó C.T. Formigueiro e final no C.T. que se vai construír no Pino, tipo aéreo de 25 kVA. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3885