A Dirección Xerencia do Hospital Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111 do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo trámite de urxencia.
Expediente: C.P. 17/96.
Subministración: lavacentrífuga e equipo radiocirúrxico.
Orzamento: 11.271.000 ptas. IVE incluído.
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (segundo anexo I).
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (anexo I).
Admisión de variantes: non se admitirán.
Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
1. Características funcionais, relación calidade/ prezo/custo: (35%).
2. Fiabilidade e seguridade no uso: (35%).
3. Prazo de entrega: (30%).
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos, estrada de San Pedro de Leixa, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), tódolos días laborais, agás os sábados, das 9 ás 15 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o repre
sente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 33 40 84 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos sito na estrada San Pedro de Leixa, s/n 15405 Ferrol, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que presentarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.
Ferrol, 14 de xuño de 1996.
Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos
O DIARIO OFICIAL DE GALICIA
VÉNDESE:
NA CORUÑA: EN PONTEVEDRA:
Na librería Arenas, Cantón Grande, 21 En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.
Na librería Inoa, Federico Tapia, 55. Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.
EN FERROL:
Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4. EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:
Na librería Egea, rúa Sol, 74. Nos edificios administrativos de San Caetano,
edificio central, planta baixa, rexistro xeral.
EN LUGO: Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.
Na librería Souto, praza de España, 14. Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.
EN OURENSE:
En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65. EN VIGO:
5061No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46. En Librería Colón, rúa Colón, 22.