Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996 polo que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no polígono de Esteiro en Ferrol.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral.

Polígono de Esteiro.

CuarteirónValoración

ptas.

IVE (6%)

ptas.

Total

ptas.

5 A 113.568.7342.170.99715.739.731
9 A114.498.54918.319.768132.818.317
9 B143.233.31529.917.330173.150.645
9 C177.745.22128.439.235206.184.456
29 C176.830.62728.292.900205.123.527

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitos na Área Central do polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, ou na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, sito no edificio de servicios múltiples, r/ Salvador de Madariaga, s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás o sábado.

Garantías: para a presentación de proposicións esixirase aval bancario por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios: a esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

a) As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e desenvolvesen a súa actividade nese campo alomenos os últimos tres anos.

b) As cooperativas de vivendas que, conforme a lexislación vixente, estean validamente constituídas e inscritas ou que se constitúan e inscriban para o efecto, e estean facultadas para ser promotoras de vivendas de protección oficial.

c) As demais entidades de finalidade e carácter social, sen ánimo de lucro, que teñan entre os seus propios obxectivos o de promover e proporcionarlles os seus membros vivendas sometidas a algún réxime de protección oficial, sempre que se constituísen ou se constitúan para o efecto, segundo a respectiva lexislación vixente pola que se rixan.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, sito no edificio de servicios múltiples, 8ª planta, na rúa Salvador de Madariaga s/n, en días e horas hábiles, agás os sábados.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 14 horas de 20 de setembro de 1996.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación que se reunirá na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña as 11 horas do día 27 de setembro de 1996.

O tribunal técnico constituirase ás 11 horas de día 8 de outubro de 1996, no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula séptima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de 30 días a contar desde a data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5053