Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996 pola que se anuncia o concurso público de opción de compra das parcelas C-85 e S-86, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial do Campiño, Pontevedra.

En virtude do convenio do 31 de maio de 1996 entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Sociedade de Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. (Xestur-Pontevedra), para a xestión do alleamento das parcelas C-85 e S-86 propiedade do dito organismo no parque empresarial de Pontevedra, infórmase que:

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se especifican, propiedade do Insituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial do Campiño en Pontevedra.

Termo municipal: Pontevedra.

Destinatarios: poderá concorrer calquera persoa física ou xurídica que realice actividades mercantís, comprendendo as comerciais, industriais, servicios, etc.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso público poderá examinarse en Xestur Pontevedra, rua Urzáiz 18-2º- Vigo, durante o prazo de presentación das ofertas.

Presentación das proposicións: as ofertas presentaranse en sobre pechado, coa documentación esixida no prego de bases, apartados A e B, nas oficinas de Xestur-Pontevedra, sitas na rua Urzáiz 18-2º de Vigo, en días hábiles, agás os sábados, das 10 ás 13 horas.

Prazo de admisión: o prazo de presentación das proposicións será de 15 días naturais contados a

partir do día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Prezos: os prezos que se establecen no anexo teñen o carácter de prezos mínimos, de maneira que non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior.

O prezo de alleamento realizarase en concepto de corpo certo, polo que non caberá reclamación ningunha pola diferencia de superficie.

Fianza: coa presentación das ofertas de opción de compra esixirase en concepto de fianza o importe equivalente o 10% do prezo da parcela á que se opte (IVE non incluído). O pagamento da fianza deberá realizarse mediante talón conformado a nome do IGVS, ou por transferencia bancaria a c/c 112.798 do Banco Pastor O.P. de Santiago de Compostela.

-Parcela: C-85.

Superficie: 4.175.

Prezo (pesetas): 18.900.000.

IVE (16%): 3.024.000.

Total (pesetas): 21.924.000.

-Parcela: S-86.

Superficie: 3.438.

Prezo (pesetas): 16.285.000.

IVE (16%): 2.605.600.

Total (pesetas): 18.890.600.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5016