Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación municipal, na súa sesión plenaria celebrada o día 26 de marzo de 1996, adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle da U.A. nº 43, delimitada no PXOU presentado pola sociedade Inversiones Cabriales, S.L. e redactado polos arquitectos Javier Abelairas Rey, José Ferreiro Digón e Emilio Cortés Varela, que ten por obxecto a ordenación de volumes, aliñacións e rasantes, de conformidade coas determinacións do PXOU.

2. Aprobar inicialmente a determinación do sistema de compensación para a execución da devandita unidad, por solicitud da sociedade Inversiones Cabriales, S.L., como propietaria única dos terreos que constitúen o seu ámbito.

Durante un prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o expediente nas oficinas municipais e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 10 de abril de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde