Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de consultoría e asistencia para a realización dunha campaña publicitaria promocional de apoio á presentación e comercialización do Producto Galego de Calidade: Mexillón de Galicia, polo procedemento aberto por concurso.

Obxecto: realización dunha campaña publicitaria promocional de apoio á presentación e comercialización do Producto Galego de Calidade: Mexillón de Galicia.

Prazo de execución: do 6 de setembro de 1996 ó 15 de marzo de 1997.

Orzamento: cento dezaseis millóns de pesetas (116.000.000 de ptas.).

Doducmentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa do Sar, nº 75, Santiago de Compostela) ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Garantía provisional: dous millóns trescentas vinte mil pesetas (2.320.000 ptas.).

Garantía definitiva: catro millóns seiscentas coarenta mil pesetas (4.640.000 ptas.).

Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 10 de agosto de 1996.

Aperutra de proposicións: en acto público ás 10 horas do día 14 de agosto de 1996.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Gastos de adxudicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

5974