Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación dun servicio de vixilancia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta delegación territorial acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Obxecto da contratación: servicio de vixilancia dos recursos marisqueiros nas zonas de Baiona-A Guarda e O Grove (Resolución do 17-4-1996 publicada no DOG do 26-4-1996).

Empresa adxudicataria: Antares de Seguridad, S.A.

Orzamento de adxudicación: 14.615.000 ptas.

Vigo, 10 de xuño de 1996.

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo

5075