Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de xuño de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada «Viqueira número 1», a favor de Eva Mª Muñiz Vila.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de

maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Viqueira nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula nº 79.

Data da concesión: 11-11-1975.

Data do remate da última prórroga: 11-11-2005.

Anterior concesionario: Manuel López del Río e Carmen Viqueira García.

Novo titular da concesión e batea: Eva Mª Muñiz Vila.

O novo titular queda subrogado nos memos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumplimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

P.D. (Orde do 27-6-1996)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4904