Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Tenencia.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal B, cuadrícula 15.
Data da concesión: 19-7-1973.
Data do remate da última prórroga: 22-8-2003.
Anterior concesionario: Carmen Riveiro Paz e Perfecto Domínguez García.
Novo titular da concesión e batea: Manuel Dominguez Riveiro e Carmen Dosil Franco.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumplimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 17 de xuño de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
4963