Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación de servicios técnicos, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora dos contratos:

1.1. Organismo: Delegación Provincial de Lugo.

1.2. Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Contratación.

2. Obxecto dos contratos: a contratación dos servicios técnicos que figuran no anexo, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación dos contratos:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Garantías dos contratos:

4.1. Provisional: exenta.

4.2. Definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información:

5.1. Entidade: Servicio de Contratación.

5.2. Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, 2º andar.

5.3. Localidade e código postal: Lugo, 27071.

5.4. Teléfono: 982-29 45 11 e 29 44 86.

5.5. Telefax: 982-29 44 52.

5.6. Data límite de obtención de documentos e información: ás 12 horas do décimo terceiro día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

6. Presentación de ofertas dos licitadores:

6.1. Data límite de presentación: ás 12 horas do décimo terceiro día natural, que non cadre en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

6.2. Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

6.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro da Delegación Provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, baixo.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27071.

7. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día da apertura das ofertas.

8. Admisión de variantes: mellora técnica e do prazo de execución.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Delegación Provincial (sala de xuntas).

9.2. Domicilio: Ronda da Muralla nº 197, baixo.

9.3. Localidade: Lugo.

9.4. Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas, que non cadre en sábado ou festivo.

9.5. Hora: ás 10 horas da mañá.

10. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios.

ANEXO

1. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Baroncelle (Abadín-Lugo).

Número do expediente: BP-2263/LU/BP-600.

Orzamento base de licitación: catro millóns novecentas corenta e sete mil cincocentas dez (4.947.510) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Camporredondo (Baralla-Lugo).

Número do expediente: BP-2270/LU/BP-602.

Orzamento base de licitación: dous millóns trinta e cinco mil duascentas sesenta e tres (2.035.263) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Ansemar (Castro de Rei-Lugo).

Número do expediente: BP-2271/LU/BP-603.

Orzamento base de licitación: seis millóns cento oitenta e oito mil cincocentas vinte e tres (6.188.523) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

4. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Goberno-Balmonte (Castro de Rei-Lugo).

Número do expediente: BP-2272/LU/BP-604.

Orzamento base de licitación: sete millóns duascentas sesenta e catro mil setenta (7.264.070) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Quintela (Castro de Rei-Lugo).

Número do expediente: BP-2273/LU/BP-605.

Orzamento base de licitación: dous millóns cincocentas sesenta e catro mil setecentas sesenta e dúas (2.564.762) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Descripción do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo).

Número do expediente: BP-2282/LU/BP-606.

Orzamento base de licitación: oito millóns duascentas corenta mil trescentas trinta e catro (8.240.334) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria da zona da Trapa (A Fonsagrada-Lugo).

Número do expediente: PR-2274/LU/PR-618.

Orzamento base de licitación: un millón cento cincuenta e oito mil duascentas oitenta (1.158.280) pesetas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Parada (Outeiro de Rei-Lugo).

Número do expediente: PR-2279/LU/PR-620.

Orzamento base de licitación: dous millóns oitocentas vintenove mil cincocentas trece (2.829.513) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Descrición do contrato e lugar de execución: colaboración de servicios técnicos para a redacción do proxecto de concentración parcelaria da zona de Orrea-Galegos (Riotorto-Lugo).

Número do expediente: PR-2285/LU/PR-621.

Orzamento base de licitación: once millóns oitocentas corenta e sete mil cincocentas corenta e oito (11.847.548) pesetas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación do contratista: grupo B, subgrupo I, categoría A.

Lugo, 26 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

4903