Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria urxente da poxa de madeira 1/1996.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convocar con carácter urxente, a poxa de madeira nº 1/1996, de acordo coas seguintes características:

Obxecto: o alleamento dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

Fianza provisional: a que figura na citada relación para cada un dos lotes.

Exposición de pregos: estarán de manifesto nos servicios de contratación e mais de Montes e Industrias Forestais desta delegación (edificio administrativo de Monelos, praza de Luis Seoane s/n, 3º e 5º andar, A Coruña) de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións. Para obter fotocopias hai que dirixirse á copistería Copimil, r/ de Salvador de Madariaga, 16-baixo (A Coruña) Tlfo.: 13 54 76.

Prazo de presentación de proposicións: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado o prazo rematará o luns seguinte.

Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da delegación provincial (edificio administrativo de Monelos, 3º andar), na forma legalmente establecida (Art. 100 do RXC).

Documentación que presentarán os licitadores: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do sexto día hábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e I.F. e no rexistro da delegación, o día seguinte ó da publciación deste anuncio.

Gasto de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Información sobre esta poxa: Tlfo.: 18 46 63 e 18 45 11.

O adxudicatario, dentro dos dez (10) días seguintes ó da data de notificación da adxudicación, debe

rá presenta-los documentos acreditativos de ter depositado:

a) Importe da adxudicación, prezo total do remate.

b) Importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4% do prezo de adxudicación.

e) IVE, 4% sobre importe de adxudicación.

f) Os demais que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

5023