Obxecto: realización dun estudio de mercado sobre o posicionamento do mexillón no mercado español, en xeral, e do Producto Galego de Calidade: Mexillón de Galicia, en particular.
Prazo de execución: do 6 de setembro de 1996 ó 15 de marzo de 1997.
Orzamento: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.).
Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa do Sar, nº 75, Santiago de Compostela) ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.
Clasificiación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría B.
Garantía provisional: catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.).
Garantía definitiva: oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.).
Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de presentación de proposiciones: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado, no que se se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.
Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Gastos de adxudicación: serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.
Juan M. López García
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
4838