Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.603

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (36/1995).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 36/1995, séguese procedemento executivo letras de cambio, por instancia do Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Andrés Pampín Casal, domiciliado en Laberco, Arzúa, Manuel Pampín Casal, domiciliado en Laberco, Arzúa, Ramón Pampín Casal, domiciliado en Laberco, Arzúa, María Pilar Pampín Vidal, domiciliada en Laberco, Arzúa, Anuncia Tascón Santos, domiciliada en Laberco, Arzúa, e Gloria Santos Vázquez, domiciliada en Laberco, Arzúa, en reclamación de cantidade; nestes autos acordouse sacar á venda en primeira e poxa pública, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, o seguinte ben embargado no procedemento, e que ó final do presente edicto se describirá polo miúdo:

Os bens saen a licitación en lotes:

A poxa terá lugar o vindeiro día once de setembro ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Lugo nº 45, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor que se lle deu ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., Axencia Urbana. Conta de consignacións número 1510.000.17, a favor do expediente executivo 36/1995.

3. Soamente o executante podrá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe sinalado no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día dezaseis de outubro, ás dez horas, nas mesmas condicións que a primiera, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e en caso de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día dezaoito de novembro, tamén ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Arzúa, 18 de xuño de 1996.

O maxistadro-xuíz

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa.

Rústica: sita na parroquia e concello de Arzúa; labradío Río Vello de dezaseis áreas, setenta centiáreas. Linda, norte: camiño; sur: predio Río Vello dos irmáns Juan Andrés, Manuel e Ramón Pampín Casal e parcela segregada de María Eugenia Casal Rodríguez, e oeste: herdeiros de Jesús Costoya Ponte. Sobre o predio constuíuse unha edificación destinada a serradoiro, formado por dúas naves dunha planta pegadas entre si con local de oficinas anexo; ocupa o edificado unha superficie de 808 metros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, sección Concello de Arzúa, libro 124, predio número 12.579.

Valorada en: 24.375.000 pesetas.

4059