Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.603

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (46/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo de cognición nº 46-C/1994, notifícaselle a Amadeo Sánchez-Somo

za Patiño, en rebeldía, a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Sentencia.-En Ordes, o vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Cristina María Paz Eiroa, xuíza de primeira instancia deste partido, os autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado co número 46 do ano 1994, por instancia de Manuel Miranda Maroño, representado polo procurador Antonio P. Cuns Núñez e asistido polo avogado Jesús Waldo Maroño Gargallo, contra Amadeo Sánchez-Somoza Patiño, en rebeldía, sobre dereito de acceso á propiedade en arrendamento rústico.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decisión: estimando a demanda formulada por Manuel Miranda Maroño contra Amadeo Sánchez-Somoza Patiño, declaro o dereito do demandante, na calidade de arrendatario de 30/120 partes dos predios descritos nos feitos primeiro e segundo da demanda, a acceder á súa propiedade, pagándolle ó arrendador como prezo destas, a cantidade de 2.894.848 pesetas, e condeno o demandado a outorgar escritura pública de venda no prazo de quince días, contados desde a recepción do prezo, baixo apercibimento de que, de non facelo, farao o xulgado á súa custa, sen facer especial pronunciamento sobre as custas do procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que poderán interpor recurso de apelación contra ela ante a Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes á notificación.

Así o pronuncio, mando e asino.

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma a Amadeo Sánchez-Somoza Patiño.

Dado en Ordes o sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5076