Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.602

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

CÉDULA de notificación (219/1995).

Dolores Pernas Alonso, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída en autos de xuízo de cognición número 219/1995, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Arzúa, o dous de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, os presentes autos de xuízo de cognición número 219/1995, seguidos por instancia de Manuel Tojo Ben, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, con asistencia letrada de José María Paz Sueiro, sendo demandado Agustín Pazos Quintela, Mercedes Quintela e Manuel Pazos Quintela, representado pola procuradora Teresa Pernas Grobas, con asistencia letrada de María Jesús García Arias.

Decido que, estimando a demanda deducida polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel Tojo Ben, contra Mercedes Quintela Mato, Manuel e Agustín Pazos Quintela e herdeiros descoñecidos e incertos de José Antonio Pazos Quintela, debo declarar e declaro que o predio nº 406 do plano de concentración parcelaria da zona de Medín, O Pino, ten dereito ó aproveitamento das augas que discorren polo predio nº 405, propiedade dos demandados, condenando a estes a repoñe-lo rego que atravesa o predio ó ser e estado que sempre tivo, debendo clausura-lo novo rego aberto, absténdose, no sucesivo, de todo acto que

supoña perturbación do aproveitamento de auga a favor do actor. Condénase os demandados ó pagamento das custas.

Notifíquese esta resolución ós demandados declarados en rebeldía na forma prevista nos artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, salvo que a parte actora, no prazo de 5 días, solicite a notificación persoal ó amparo do disposto no artigo 769.1º da devandita lei.

Esta sentencia non é firme, contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no termo de cinco días, contados a partir da súa notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola xuíza que a dictou, no día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe.

E para que conste e sirva de notificación en legal forma ós herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Pazos Quintela, e ó codemandado rebelde Manuel Pazos Quintela, expido e asino esta cédula en Arzúa, 16 de maio de 1996.

Dolores Pernas Alonso

Secretaria en funcións

5042