Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

1. Obxecto do contrato: é a xestión indirecta, mediante conseción, do servicio público de mantemento e limpeza dos colectores do servicio muni

cipal de recollida de lixo e das papeleiras, coas obrigas e dereitos que figuran nas cláusulas V e VI do prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Prazo da concesión: sete anos.

3. Prezo do contrato: o importe máximo que lle satisfará o concello ó concesionario será de 14.000.000 de ptas. anuais, incluído o IVE correspondente, no primeiro ano.

O prezo correspondente ós seguintes anos da duración do contrato calcularase partindo do prezo do primeiro ano, actualizado conforme ó IPC aprobado oficialmente.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 200.000 ptas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinte días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XII.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumpriran as formalidades e documentación previstas na cláusula XII do prego.

6. Prego de cláusulas administrativas particulares: o prego de cláusulas particulares que rexerá o concurso estará exposto ó público polo prazo de oito días, a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, conforme o disposto no artigo 122 do R.d.l. 781/1986, polo que se aproba o texto refundido de disposicións vixentes en materia de réxime local, podendo presentarse reclamacións ou alegacións dentro do mesmo prazo.

No caso de que se presentasen reclamacións ou alegacións ó prego, o prazo de presentación de proposicións interromperase.

Vilagarcía de Arousa, 23 de maio de 1996.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

4826