Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Tramitado o correspondente expediente administrativo, o Concello do Carballiño, co voto favorable da maioría absoluta dos membros desta corporación, aprobou, en sesión do Pleno realizado o día 14 de

maio de 1996 o proxecto de modificción puntual das normas subsidiarias na zona das Barcias do concello do Carballiño (Ourense), unha vez que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, emitiu informe favorable sobre o citado expediente, de conformidade co disposto na Lei 7/1995, da Xunta de Galicia.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo da Xunta de Galicia; faise constar que, publicado o presente edicto no DOG, o concello publicará no BOP de Ourense as normas urbanísticas (artigo 70 da Lei básica de réxime local, modificada pola Lei 34/1994, do 30 de decembro), que non entrará en vigor ata a publicación íntegra do seu texto e transcorrido o prazo de 15 días indicado no artigo 654.2º do mesmo corpo legal.

Contra o devandito acordo, que é firme na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data de publicación do presente edicto; terá que comunicarse a súa interposición ó Concello do Carballiño, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación ante o órgano xurisdiccional antes citado.

O Carballiño, 23 de maio de 1996.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde-presidente

4986