Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-250).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 26 de abril de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle relativo a unidade de execución nº 7 (U.E. nº 7) da revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación, sita en Aguieira-Dorneda (Oleiros).

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, e poderanse face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborais.

Oleiros, 12 de xuño de 1996.

Angel García Seoane

Alcalde-presidente

4104