Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso, polo sistema de procedemento aberto, para a obra, declarada de urxencia, de reforma e ampliación da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Universitario da Zapateira (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso, por procedemento aberto, para obra, declarada de urxencia, que se cita:

-Reforma e ampliación da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Universitario da Zapateira. A Coruña.

Orzamento de licitación: 444.214.199 (catrocentos corenta e catro millóns duascentas catorce mil cento noventa e nove pesetas). Non se admiten variantes económicas.

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxecto: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da dita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratacio ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

778