Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (203/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, tramítase, co número 203/1996, expediente de dominio por instancia de Antonio Taboada Suárez e María Dolores Gago Hermida, representados pola procuradora Goimil Martínez, para a reanudación do tracto sucesivo no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, do seguinte predio:

«Urbano. Casa sinalada co número 290 da rúa de Sar, de Santiago de Compostela, composta de planta baixa e piso alto, cunha horta unida pola súa parte traseira, formando todo iso un só predio, que ocupa a superficie duns trece cuartillos, equivalente a tres áreas e corenta e sete centiáreas. Estrema, polo oeste ou fronte, coa dita rúa de Sar; polo norte ou esquerda, casa número 28 e a súa horta de Antonio García; polo sur ou dereita, casa nº 30 da mesma rúa e a súa horta, propiedade de Ramón Martínez e polo leste ou por detrás, terreo chamado de Andújar, muro en medio».

E para que lles sirva de citación ás persoas descoñecidas ou a quen poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que dentro do termo de dez días poidan comparecer no expediente, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4992