Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.502

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial do sector da hostelería de Ourense.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo provincial do sector da hostelería (código nº 3200215) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Federación de Empresarios de Hostelería de Ourense e da parte social polas centrais sindicais; UXT, CC.OO. e CIG, todas con lexitimidade suficiente para asina-lo dito convenio, en xuntanza celebrada o 6 de marzo de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición deste no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de abril de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Reunida a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hostelería procede á actualización das táboas salariais de 1995, conforme a cláusula de revisión salarial no 0,8% que servirá como base de cálculo á subida salarial do convenio colectivo do ano 1996.

1.-122.013119.145116.287113.444

2.-113.444110.557107.696104.837

3.-107.155104.294101.430 98.566

4.- 95.706 92.842 92.842 90.121

5.- 86.130 83.267 80.405 80.405

6.- 81.838 81.838 80.405 80.405

7.- 81.838 81.838 80.405 80.405

En Ourense, 6 de marzo de 1996.

Rubricado

96-3842