Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial que se citan (procedemento 96/0046 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada o co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 22 de maio de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

P-96/0046Ángel Reborido Varela

76.367.450

Hórreo, 176-6

Santiago de Compostela

Pescar sen licencia.34.1ºMenos

grave

50.001 ptas.

Multa Inhab. 1 ano

96/0112Jesús Ferreiro Corral

33.209.452

Picaños, 46

Santiago de Compostela

Pescar unha troita de tamaño menor có regulamentario33.9ºLeve10.000 ptas.

Multa

96/0203Rafael Villar Picón

44.814.245

r/ de Madrid, As Fontiñas

Santiago de Compostela

Pescar nun couto sen o correspondente permiso.34.10ºMenos

grave

75.000 ptas.

Multa Inhab. 1 ano

96/0204Manuel Señaris Bellón

76.313.044

Buxán, Val do Dubra

Pescar sen licencia.34.1ºMenos

grave

50.001 ptas.

Multa Inhab. 1 ano

9604814