Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 461/1996, R.C.I. 1.485).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Artabra, S.A., co enderezo en Suevos-Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 12.700 kV, composta de:

-Dous motores de combustión interna alternativos funcionado con gasóleo ou fueloil de 6.590 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 7.937 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,8 para 6.350 kW de potencia activa.

-Un centro de transformación 20/6 kV con dous transformadores de 7,9 MVA tipo interior.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor a 180C e auga quente a 90C.

-Instalacións de baixa tensión de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

Orzamento: 746.234.944 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4813