Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/167-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e CC.TT. na Fraga e Os Vicas.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, con orixe na liña Narón-Igrexa (Expte. 27264): de 769 m de lonxitude, desde o apoio nº 12 ó C.T. A Fraga. De 436 m de lonxitude, desde o C.T. Narón-Igrexa.

Centros de transformación aéreos de 160 kVA e 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Fraga e Os Vicas respectivamente, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 450 m de lonxitude e 80 m de lonxitude desde os ditos CC.TT. Concello de Narón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos

regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4708